Posteado por: ContracumbreUE | 8 febrero 2010

Xornadas sobre transporte y movilidades frente a la cimeira de Ministros de Transporte na Coruña

O día 12 de febreiro ten lugar en A Coruña, dentro da serie de reunións encadradas na Presidencia española da Unión Europea, unha cimeira específica sobre Transportes. Con motivo desta reunión de ministros e máximos responsables de Transportes e Fomento europeos, a Casa das Atochas organiza unhas Xornadas previas (días 9, 10 e 11 de febreiro) que amosan desde unha perspectiva crítica tanto aspectos importantes da praxe política neste ámbito como a posibilidade de construir outras alternativas. Está prevista unha marcha da Masa Crítica para o 12 de febreiro e unha concentración.

C.S.O. Casa das Atochas
r/Atocha Alta 14, Monte Alto
http://casadasatochas.info

Martes 9 de febreiro ás 20:30 horas CINEFÓRUM SOBRE CICLOACTIVISMO coa proxección de WE ARE TRAFFIC! (1999), Ted White. VOSC. Dirección e producción: Ted White. Duración: 50 minutos.

En setembro do 92, tras un visionado de Return of the Scorcher (1992), un grupo activista da cidade de San Francisco toma do documental do propio White o nome de Masa Crítica para a práctica de paseos ciclistas mensuais na que comezaran a traballar pouco tempo antes. Aínda que tamén dea conta da rápida internacionalización do movemento político, WAT está centrada nesta experiencia californiana da que agroma un conxunto táctico que -con pequenas diferencias en cada localización singular- é o blandido en centos de cidades; unha zona autónoma temporal e festiva que circula resignificando as bicicletas e os espacios públicos baixo o dominio das políticas do todo para o coche privado. A máis, é en San Francisco onde se dá a máis disparatada intervención para controlar a Masa Crítica desde os poderes públicos, que titubean entre a disuasión e a patrimonialización, e que desencadeará os disturbios de xullo do 97. O cinefórum contará con intruducción a cargo dun activista local.

– Mércores 10 de febreiro a partir das 20.30 horas PALESTRA: UNHA VISIÓN CRÍTICA DO TAV a cargo de Valdés.

– Xoves 11 de febreiro ás 20.30 horas MESA REDONDA con COLECTIVOS GALEGOS CONTRA O AVE.

A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade conta coa oposición de diversos movementos sociais que están a organizar a resistencia a un proceso medioambiental e socialmente agresivo de reordenación do territorio i elitización do transporte ferroviario e da mobilidade en xeral. Teremos oportunidade de coñecer as loitas galegas contra o AVE nunha mesa participada pola Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda (http://asociacion-cultural-lucerna.espacioblog.com/), a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (http://aguaslimpas.blogspot.com/) e a Asociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos.


Categorías

A %d blogueros les gusta esto: